Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 13 (2017) CAMPOS REY, Ana: Cantigas xalleiras e bergantiñáns

© Campos Rey, Ana: Cantigas xalleiras e bergantiñáns

Recollidas en San Vicente de Cuns, concello de Coristanco (A Coruña)

Data aproximada da recollida: Ano 1997

Coordinación da recollida: Ana Campos Rey

***

Esta recompilación de cantigas formaba parte dun traballo máis amplo sobre a tradición oral galega que fixen durante os meus anos de carreira de Filoloxía Inglesa na Universidade da Coruña, cara a finais dos anos 90.

Para iso puxen a lembrar cancións a toda a miña familia (bisavoas, avoas, tías, primas e demais parentes e veciñas) que non se puideron resistir ante a tentación dunha boa merenda a carón do lume rememorando os seus anos mozos. Naqueles tempos cantar facía o seu traballo máis lixeiro e axudaba a entreterse cando gozaban dalgún tempo libre.

Por que xalleiras e bergantiñáns? Por que a miña aldea, San Vicente de Cuns, pertence a Coristanco, logo é bergantiñá, pero está situada moi preto de Santa Comba, así que algunhas das cantigas fan referencia a esa bisbarra xalleira. De feito, a maior parte das persoas que participaron no proxecto traballaron nas minas dese concello nalgún momento das súas vidas (as minas de Varilongo están a pouca distancia de Cuns) ademais de na agricultura.

A dicir verdade, nunca pensei que puideran ser de interese xeral. Mais ben as gardaba como un recordo moi querido da miña familia, posto que moitas das cantareiras xa non están hoxe connosco. Para min son un tesouro, xa que malia que non gardo as gravacións orixinais, cada vez que as leo aínda resoan as súas voces na miña cabeza.

Por iso quedo agradecida por esta oportunidade para dálas a coñecer e estou segura de que elas estarían encantadas de compartir as súas cantigas con todos vós.

(Ver/descargar PDF) Campos Rey, Ana: Cantigas xalleiras e bergantiñás


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: