Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Ditos e refráns do Valadouro

O número 2 dos Cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro  que publica a Asociación Seminario de Estudos do Valdouro (SEVA) é obra de Lionel Rexes Martínez e leva por título “Ditos e refráns do Valadouro”.

Lionel Rexes Martínez (París, 1971) é diplomado en Maxisterio pola Universidade Autónoma de Madrid. Membro do consello de redacción da publicación cultural “O Prado das Chantas”. Premio Lonxa Literaria 2011, 1º Premio Minicontos de Outono 2011, premio Relatos de Verán 2012 de Redelibros.com. O debuxo de portada é da autoria de Xosé Blanco.

Unha obra que contén un amplo mostrario de ditos, sentenzas e expresións populares empregadas na linguaxe cotiá das terras do Valadouro. 199 refráns clasificados, 159 expresións e retrousos, comparanzas e retóricas valecas con numerosas notas que convirten esta obra nun referente sen precdentes no marco xeográfico estudado.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: