Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

Xosé e Preciosa

Xosé e Preciosa
foron ata a feira
mercar un xatiño,
e ao volver dela
perdeuse o Xosé
por unha vereda.
Ao se decatar
Preciosa, tristeira,
sospirando dicía:
-Ai Xesús, que perda!
Mal raio me parta;
por vir hoxe á feira,
perdín ao meu home.
-Ai Xesús que pena!
chorando, chorando,
e choída de pena,
camiña Preciosa
camiño da aldea.
Máis aló enriba,
no Alto da Serra
atopou ao seu home
deitado nas herbas
e o xato pacendo.
E ao se ver:
-Xosé! -Preciosa!
-Miña nena!
Bico vai, bico vén,
festa tras festa,
fuxiron as horas
nesta brincadeira.
Cando acordaron
marchar cara á aldea
o xato fuxira
e entón dixo ela:
-Non sei meu homiño
cal foi maior perda!

[Remitido por anónimo en marzo de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: