Literatura oral
A vella de Ribeira
Na cidade de Ribeira había unha vella que escapara da residencia.Había alerta vermella debido a que non tomara as pastillas da cabeza.Un día unha muller do Porto do Son,que non sabía nada do da vella camiñaba por Ribeira pola noite.Estrañábase de que non houbera xente.Desde facía un tempo escoitaba uns pasos e cando virou a cabeza so viu un cato entre a néboa.E cando virou de novo a cabeza estaba a vella cun coitelo e matouna e din que se vas so por Ribeira cando hai néboa aparece a vella.
[Texto remitido por Adrian Pérez Rial, de Ribeira (A Coruña). Outubro de 2011]