Actualizado en data 05/09/2023

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Conto tipo 1854*]O xastre de Fumaior e a silva

Un xastre de Fumaior que indo para a casa, nunha corredoira moi estreita, agarrárono forte e non o soltaron. Pensou que era a Santa Compaña, suplicou, chorou… pero non houbo forma de soltarse.
Agardando un final tráxico quedou esgotado e durmido, mais ao saír o sol espertou e viu que quedara preso nunha gran silva.

Nota: Este home morreu hai 5 ou 6 anos, tiña máis de 90 e coñecíamolo todos como Manolo, o sastre.
[Conto remitido por Esperanza Abelairas, A Fonsagrada (Lugo). Outubro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Meu avo en Cedeira contaba este conto hai moitos anos, asi que imaxino que será unha historia popular.

Enviado por Gemma o 22/05/2019 ás 16:07:01


Enviar comentario a este artigo: