Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

Cantigüelas de Bergantiños (III)

Moito viva, moito viva
o cura que hai en Sofán,
se deixa beber o viño,
aí lle vou de sancistán

Todos os seus feligreses
pódenno bicar na man,
que, cura tan cantadore,
non o houbo nunca en Sofán.

Marcha a xente espantada
de todo, tan ben que canta
pedimos a Deus do ceo
que lle conserve a garganta.

Esto vai como secreto,
que non me quero aclarar,
se en algo lle ofendín,
que me sepa perdoar.

E non llo digo de broma,
dígollo de corazón,
que, se en algo lle ofendín,
tamén lle pido perdón.

Quixera no meu enterro
que me veña acompañar
desde a igrexa á tumba
e sen parar de cantar.

Don Isolino Esmorís
tamén lle ha de axudare,
con el uno e o outro,
ninguén lles poderá ighualare.

Deixemos falar do cura
porque se pode enfadare,
se queremos pasar o tempo,
hai moito que bromeare.

Sabe Deus e d´oxe nun ano
onde estará o meu corpo,
ou aquí ou noutro lado,
ou na sepultura ou morto.

[Recompilación de Luis Antonio Giadás Álvarez, de Ponteceso (A Coruña), na bisbarra de Bergantiños, remitida en xuño de 2009]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: