Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

Cantigüelas de Bergantiños ( II)

Quen te me dera na ucha,
a chave na faldriqueira,
que te había de coller
coma o rato na rateira.

Non te acordas daquel día,
naquela leira de nabos,
que correches tras de min,
cos pantalóns abaixados.

Non te acordas, picarona,
cando debaixo do puente,
que chorando me dicías
tápame que veñe xente.

Sempre mo fas
e nunca me empreñas,
a miña casa non queiro
que veñas.

Será que non podes
ou que non sabes
ou que che faltan
as habilidades.

As mulleres son honradas
porque os homes son moi bos
arar, aroulle nas leiras
e sementa nos arrós.

E cando vén o cordón,
moi servicial e barato
e ademais de ser bo
apreta ben o zapato.

Mais tarde vén a Viagra,
xa era moito millore
inda que eu non teña ghana
adoece co calore.

[Recompilación de Luis Antonio Giadás Álvarez, de Ponteceso (A Coruña), na bisbarra de Bergantiños, remitida en xuño de 2009]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: