A literatura de tradición oral no concello de Rois
A literatura de tradición oral do concello de Rois
Edita: Asociación Leixaprén, CPI dos Dices, Rois (A Coruña) s/d.
Con esta publicación O Centro Público Integrado dos Dices (Rois), pasa a figurar na selecta nómina de centros de ensino que recuperaron parte do patrimonio inmaterial do seu territorio. Malia que haxa quen non lle dea a suficiente importancia a este feito, co paso do tempo será cando se vexan as cousas claras e, de seguro, todos coincidirán no atinado de publicar esta colección de cantigas e narracións populares recadadas no concello de Rois, que dende agora xa forman parte do noso corpus da literatura de tradición oral.
Extracto do Limiar, por Clodio González Pérez