Literatura oral
Un morto mata catro vivos na Franxoeira dos Olmos
Foi na Franxoeira dos Olmos, parroquia de Vilaquinte Cervantes (Lugo) onde un morto matou catro vivos. Asegura a xente que isto foi certo. Nunha ocasión levaban enterrar un defunto entre catro por un sendeiro estreito que cruza a Franxoeira; un deles tropezou e caeron os catro co cadaleito polo monte abaixo; e matáronse.
[Texto remitido por Isolina Rodríguez López, residente en Piornedo de Ancares. Cervantes (Lugo). Marzo de 2008]