[Refraneiro] Arco da Vella
Arco da vella
tíroche unha pedra
co dedo belleco
que te quedas seco.
[A Fonsagrada (Lugo)]
Arco da vella
revólveme a pedra
co dedo belleco
que mañán tará seco.
[A Fonsagrada (Lugo)]
Arco da Vella,
vaite de aí
que o teu pai
chama por ti.
E a túa mai
é unha veleta,
que non che quere
dar a teta.
[Recompilado por Judit Gómez Fernández do seu avó, de Os Vilares, Guitiriz (Lugo)