Literatura oral
[Conto Tipo 1561] O xastre comellón
Era unha vez un xastre que foi coser á casa dunha familia e ó chegar déronlle o almorzo. Cando acabou de comelo, dixo:
—Xa me podían dar a comida e cando acabe terei máis enerxías para coser.
A familia deulle o xantar e cando rematou de comelo dixo:
—Xa que estamos, podíanme dar a cea e logo pasarei a noite cosendo.
Cando rematou a cea, dixo:
—Unha vez que se cea xa non se traballa! Vou para a casa! Deica maña!
[Conto achegado por Inés Martínez Deus (outubro de 2007)]