Actualizado en data 18/05/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Almanaque de encantos

Título: Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo.
Editorial: Ediciones Cardeñoso.
Ano de publicación: 2005.
Lugar de publicación: Vigo.
ISBN: 84-8190-392-2
Autor: Calros SOLLA VARELA.
Ilustracións: João Bieites, Mónika García, Francisco Sutil.

[Do Limiar, por Ana Acuña Trabazo]
Almanaque de encantos concentra na freguesía de Cerdedo mostras dos seres míticos (Dramatis personae) e dos lugares máxicos (Magica loca) que se atopan espallados por toda Galicia. De aí a utilidade do Almanaque como dicionario dos seres míticos ou como guía da Galicia máxica cuxo valor sobrancea o local. Nunca unha freguesía acolleu tanto ser!!
Xa B. Aparicio sinalara que “El folklore que hemos recogido en la comarca de Terra de Montes —especialmente Forcarei y Beariz— es de lo más rico y completo que existe en Galicia. Esta evidencia nos demuestra que aún serían útiles y provechosas las campañas sistemáticas de recogida en zonas del interior de Galicia”.
Calros Solla continuando ese labor de recolla, de escoitador e transmisor da sabedoría do pobo deixounos abondosos relatos que mostran a riqueza da Terra de Cerdedo.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: