Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Samaín: a festa das caliveras

Título: Samaín: a festa das caliveras
Editorial: Ir Indo
Ano de publicación: 2005.
Lugar de publicación: Vigo.
ISBN: 84-7680-492-X
Colección: Raigame.
Descripción: 192 páx.
Autor: Rafael LÓPEZ LOUREIRO

Estamos diante dunha obra que constitúe o primeiro estudo documentado do Samaín, a festa milenaria de orixe celta recuperada hai 14 anos en Cedeira da man do propio autor desta obra e que nestes últimos anos está sendo novamente espallada e revitalizada por toda a xeografía galega.
O froito de 13 anos de traballo é este libro que recolle o longo proceso de restabelecemento desta tradición. A obra estrutúrase en tres partes: a recuperación da festa en Cedeira, unha celebración que agora se espalla por outras localidades; o artellamento dunha unidade didáctica, “As caveiras de cabaza”, que foi impartida en Cedeira e Santiago de Compostela e, por último, a tarefa de recolleita de testemuñas e referencias documentais desta tradición.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

O de "documentado" e´de coña. Despois de ver o libro, nin probas documentais nin arqueolóxicas en Galicia ni nada de nada. Iso sí, xa sabiamos que é algo que forma parte da cultura indoeuropea en xeral, romanos incluidos e tamizada polo cristianismo e que aqui en Galicia, xamais, repito, xamais, se chamou Samaín, e do que non hai testemuñas antigas (pois chamarlle antiguo ao que facía meu abó, que recibiu influencias da fora como todos os da súa xeración, é pretencioso), en Galicia foi SEMPRE, a festa de todos os santos ou difuntos, e o autor non ten probas do contrario, así que nos entronca con unha tradición de elementos moi diferentes de fai 2000 anos sin ter base algunha para facelo, salvo algo tan pouco consistente como o vaciado das calabazas, que non proba nada e é algo que se facía en outros moitos lugares. Sí ao día dos difuntos, non a ese Samaín inventado e indocumentado en Galicia. É alucinante que se poda tardar 13 anos en escribir algo que ten tan pouco rigor, e polo demáis, o outono sempre foi o tempo simbólico da morte. Un pouco máis de seriedade, de formación e de información, por favor.


Enviado por José Martínez o 27/10/2008 ás 16:07:03


Enviar comentario a este artigo: