Publicacións
Begonte, pasado y presente
Título: Begonte, pasado y presente.
Editorial: Servicio de Publicacións da Deputación Provincial, Lugo.
Ano de publicación: 1987.
ISBN: 84-85311-65-5
Depósito Legal: LU-270-1987.
Autores: BLANCO PRADO, José Manuel / RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel..
A obra iníciase cunha breve análise sobre a situación xeográfica e histórica do concello de Begonte (Lugo). Logo, os autores distinguen dúas partes claramente diferenciadas. A primeira refírese á toponimia do municipio na que resaltan os seguintes topónimos: 16 prerromanos; 113 latinos referentes á flora, fauna, emprazamento, lugares de paso, fontes, ríos, montes, pedras, cantos e habitación humana ; 3 árabes e 33 de orixe xermánico, que aluden a nomes propios, nomes de posesores etc. Na segunda parte, fan alusión ó influxo social, ás peticións, ós rituais e ofrendas de toda índole que se levan a cabo nos santuarios begontinos e limítrofes, como os Milagres de Saavedra, o S. Alberte de S. Breixo, o S. Adriano e S. Xián de Carballido (Pacios), o S. Vitorio (Damil), o S. Antonio (Denune) (Felmil) etc. Como remate, menciónanse as principais festas parroquiais do concello.