Actualizado en data 12/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza

Título: Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza.
Editorial: O Castro, Sada, A Coruña.
Ano de publicación: 2002.
ISBN: 84–8485–074–9.
Depósito Legal: C –1652–2002.
Autores: ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel /SAAVEDRA PÉREZ, Mario.
Cuberta: X. Vizoso.
Asesor lingüístico: Xabier Rodríguez Barrio.
Debuxo e mapas: José Cancio Fernández.
Fotos: Fernando Arribas Arias.
Coordenadas U.T.M.: Sonsoles López Izquierdo.

No concello da Pastoriza fixemos unha catalogación e inventario de 23 cruceiros, 28 cristos e 11 cruces. Os cristos poden ser de tres tipos: 1º. Os que semellan rústicos cruceiros como o de Amorás, Froilán, etc. 2º. Os que non teñen fuste nin capitel como o da igrexa, do cemiterio, do Chivadoiro, etc. 3º. Os que aparecen baixo unha cuberta como o de Afoz e Don Diego.
Polo que respecta ós cruceiros, hai que dicir que non teñen diferencias acusadas cos do resto da comarca chairega, agás o detalle de que nos instrumentos da paixón que aparecen no fuste da varios deles non figura a lanza. De todos eles destacaremos o de Pirís (que xunto co de Carballo, o da Veiga do Crego e o da igrexa de Vián é dos máis artísticos), e o do Fiouco. Éste é único cruceiro con cuberta que atopamos neste municipio, pero ademais ten a particularidade de ter os relevos dos instrumentos da paixón situados na parte inferior do fuste, caso único nos cruceiros que levamos vistos da Terra Chá.
Completan esta catalogación 3 cruceiros, 4 cristos e 12 cruces desaparecidos, e que recollemos para que non se perdan da memoria popular.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: