Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz

Título: Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz.
Editorial: O Castro, Sada, A Coruña.
Ano de publicación: 1999.
ISBN: 84–7492–916–4.
Depósito Legal: C – 399 –1999.
Autores: ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel.
Cuberta: X. Vizoso.
Asesor lingüístico: Xabier Rodríguez Barrio.
Debuxo e mapas: José Cancio Fernández.
Fotos: Fernando Arribas Arias.
Coordenadas U.T.M.: Sonsoles López Izquierdo.

O presente traballo recolle unha catalogación e inventario de cruceiros de Guitiriz, no que atopamos corenta e nove exemplares, tres deles calvarios. Nesta relación, soamente incluímos aqueles cruceiros que se atopan en lugares públicos, independentemente da súa titularidade. Os da capela do S. Alberte e o da igrexa de Mariz, situados no interior dun templo, tamén os consideramos públicos por estar ligados ó culto ou devoción. Excluímos aqueles cruceiros que se atopan dentro de propiedades privadas, xa que a súa función é decorativa. Deste criterio temos que exceptuar os de Cercedo e Vilargabín pola súa orixinalidade e certa proxección pública, e os de Verulfe, Paderna e Pazo de Casanova pola súa tipoloxía, antigüidade ou valor artístico. En base ós devanditos criterios de selección, mencionamos as cruces de Vilar e de Bascuas, mais non se inclúen as cruces de madeira ou cemento realizadas co gallo dunha misión por non axustarse ás intencións deste catálogo.
Como corresponde a un inventario, elaboramos de cada cruceiro unha ficha, indicando a parroquia e o lugar, así como a súa situación, a propiedade, o estado de conservación e a descrición e posibles observacións. Esta ficha compleméntase, cando existen, coas oportunas referencias bibliográficas, ademais das correspondentes fotos.
Finalmente, incluímos un resumo no que se recollen cincuenta e sete tipoloxías presentes nos cruceiros de Guitiriz, así como unha ampla bibliografía sobre estas manifestacións da cultura popular.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: