Publicacións
Fala e Cultura d’Os Tres Lugaris
Título: Fala e Cultura d’Os Tres Lugaris. Valverde do Fresno, As Ellas, San Martín de Trebello (Cáceres)
Editorial: Toxosoutos
Ano de publicación: 2004.
Lugar de publicación: Noia
ISBN: 84-96259-323.
Autores: A. C. Alén do Val.
Coordinadores: Benxamín Riobó Sanluís / Miguel Anxo Sartal Lorenzo
Colección: Divulgación e Ensaio.
En Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trebello (Cáceres) viven uns 5.000 habitantes, que cos cerca de 3.000 que están na emigración, falan habitualmente unha variante do galego antigo levado a estas terras por colonos nos séculos XII e XIII.
Benxamín Riobó Sanluís e Miguel Anxo Sartal Lorenzo veñen traballando, no seo do A. C. Alén do Val, en distintos eidos da cultura (lingüística, arqueoloxía,etc.).
Alén do Val realizou este estudio sobre a fala d’Os Tres Lugaris hai máis dunha década, vendo a luz agora, revisado e actualizado.