Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca

Título: Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca. A máxica fronteira Galego-Portuguesa.
Editorial: Ir Indo Edicións
Ano de publicación: 2005.
Lugar de publicación: Vigo
ISBN: 84-7680-511-X
Autores: RODRÍGUEZ CRUZ, José / LOURENÇO FONTES, António.
Colección: A Fraga Universitaria.

Esta obra achega ao lector unha parte importante da antropoloxía cultural ligada a un espazo tan especial como é o da “raia” fronteiriza que delimita o territorio sur de Galicia e o portugués de Trás-Os-Montes. Os autores, que teñen investigado noutros campos da etnografía nas terras “raiotas” de Barroso e das Frieiras, dan a coñecer neste estudo toda esa cultura ligada aos mitos, ás crenzas, ás celebracións relixiosas, aos animais, ás supersticións, etc., que os habitantes raianos conservaron e compartiron desde tempos inmemoriais. Entre outros, son estes uns dos valores que os identifica e distingue como pobo que habita en terras tan singulares, xebradoras tempo atrás, pero tamén cerna de realidades de axuda, unión e confraternidade.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: