Actualizado en data 18/05/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

A Raíña Lupa. As orixes pagás de Santiago

Título completo: A Raíña Lupa. As orixes pagás de Santiago.
Editorial: Lóstrego.
Ano de publicación: 2005.
Lugar de publicación: Santiago (A Coruña).
I.S.B.N.: 84-934240-3-X.
Autor: Antonio BALBOA SALGADO.
Descripción: 207 páx.
[V Premio de Ensaio “Manuel Murguía”, ano 2004]

Raíñas co nome do lobo, o Pico Sacro, reis sobrenaturais, Fisterra, montes e bosques sagrados, O Monte Pindo, fontes milagrosas, Iria Flavia, o Outro Mundo, o Códice Calixtino, o río Tambre, mulleres que conceden a soberanía, S. Patricio, S. Andrés de Teixido, deuses e santos a cabalo, embarcacións sobrenaturais...
Moitos son os personaxes e episodios que aparecen nos relatos da translación dos restos do apóstolo Santiago a Galicia. Insuficientemente estudados, estes elementos foron denigrados polo cristianismo, que os converteu en mostras palpables de paganismo. Este estudo de investigación tenta, recorrendo a diversas fontes, desvelar as claves que permiten comprender mellor os episodios que rodean o nacemento do fenómeno xacobeo. En definitiva, indagar na fascinante historia de Santiago... antes de ser Santiago.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: