Publicacións
Narracións orais do concello de Palas de Rei
Título completo: Narracións orais do concello de Palas de Rei. Amntropoloxía, lingua e cultura.
Editorial: Sotelo Blanco Edicións, S. L.
Ano de publicación: 1995.
Lugar de publicación: Santiago de Compostela
ISBN: 84-7824-237-6
Autor: Xerardo PEREIRO PÉREZ.
Descripción: 190 páx.
Colección: Estudios e investigaciñóns.
Os alicerces deste libro son os contos e as lendas; esas narracións que, como productos culturais dunha sociedade concreta, comunican, mediante a linguaxe, valores e pautas propios do medio que os xera. Contos e lendas que se transmiten oralmente e teñen distintas versións e variantes; que, ó cabo, cumpren o seu destino ó fixa-los vínculos da comunidade e maila orixe territorial ou familiar. Enlazan o pasado e o presente empregando estratexias coma a comunicación directa, o diadactismo ou a fantasía; serven de prudente control social e moral dos costumes e dos comportamentos —ou, pola contra, son o síntoma de diverxencias. Axudan a que un pobo coñeza a súa propia cultura.