Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O carro en Galicia

Editorial: Servicio Publicacións Deputación Provincial de Lugo
Ano de publicación: 1994.
Lugar de publicación: Lugo
ISBN: 84-8192-017-7
Autor: Xosé LuÍs OTERO CEBRAL.
Descripción: 196 páx.

Do Prólogo, Por Xosé de Cora

O minucioso traballo de Xosé Luís Otero Cebral que conforma este libro é fundamentalmente iso: un exercicio de coñecemento ó redor dun obxecto que sempre estivo tan preto do home galego, e que por esa veciñanza pasou moito tempo afastado dos estudios, pero vivo e forte nos canles da cultura popular, nas súas adiviñas, nos seus versos, contos, lendas e festas. Pero tampouco sería de xustiza face-lo introito desta monografía sen citar antecedentes tan distinguidos como poden se-los casos de Xaquín Lorenzo e de Ramón Otero Pedrayo. Non sería de xustiza e así resulta da lectura das páxinas de Otero Cebral, que neste recoñecemento coma noutros, pon o carro detrás dos bois. E aquí o asino, encantado de selo.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Tan so un poema que forma parte en Dos no Camiño en Galespa-http://galiciacontos.blogspot.com/
Xa non roxes nos camiños,
xa non choras polas veigas,
xa non soa o teu andar
nos recunchos do luar.
Fúchelo rei dos camiños,
o amo das corredoiras
ti amansábalas pedras
con fungueiros e treitoiras
¡cantas voltiñas ti deches,
cantas cantigas votaches,
polos montes e as veigas
de ti lembraranse as leiras!
Hoxe dormes coa nostalxia
polas palleiras do agro
O teu sono xa e longo,
o espertar, non doado.


Enviado por Eladio Barnabé Fernández o 24/06/2008 ás 23:30:25


Enviar comentario a este artigo: