Publicacións
Cabalo buligán, 12: Contos fantásticos, II
Editorial: Edicións Xerais de Galicia Ano de publicación: 2001. Lugar de publicación: Vigo ISBN: 84-8302-676-7 Autores: MIRANDA RUÍZ, Xosé, Reigosa, Antonio. Ilustracións: Ánxeles FERRER Descripción: 61 páx; Il. en color. Colección: Cabalo buligán, 12. Contos: «O olláparo», «Os seis compañeiros que todo o conseguen», «As dúas nenas», «Apio», «Os avisos da morte», «As linguas dos animais», por Xosé Miranda. «O anano e o xigante», «Quero entrar onde entre o meu gorro», «Ó ceo só entran cabaleiros», «O lobo da xente», por Antonio Reigosa. A colección Cabalo buligán reúne nos seus 20 volumes 198 contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acobillan aos que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación.