Publicacións
Etnografía Mindoniense
Editorial: Follas Novas
Ano de publicación: 2000.
Lugar de publicación: Santiago de Compostela
ISBN: 84-85385-33-0
Autor: Eduardo LENCE SANTAR (Edición de Armando REQUEIXO)
Descripción: 213 páx.
Colección: Libros da Frouma
Eduardo Lence Santar (Mondoñedo, 1876-1960) cultivou preferentemente o ensaio histórico en castelán, aínda que tamén escribiu poesía e relato en galego e numerosos artigos sobre temas etnográficos referidos á bisbarra mindoniense.
Neste volume reúnense, precisamente, aqueles traballos de xorne folclórico e literario popular publicados polo autor en El Compostelano, diario santiagués onde os foi dando a coñecer entre mediados dos anos 30 e primeiros dos 40.
Así pois, no seu conxunto constitúen un valioso documento, tanto dende o punto de vista sociolingüístico (supoñen a serie en prosa máis extensa das publicadas en galego durante a Guerra Civil) coma dende unha óptica literaria e sociocultural.