Publicacións
Cabalo buligán, 10: Contos de animais, II
Editorial: Edicións Xerais de Galicia Ano de publicación: 2001. Lugar de publicación: Vigo ISBN: 84-8302-636-8 Autores: MIRANDA, Xosé, REIGOSA CARREIRAS, Antonio, CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro . Ilustracións: Xosé COBAS Descripción: 64 páx; Il. en color. Colección: Cabalo buligán, 10. Contos: «O soo, o lobo e a raposa», «O rato do souto e o rato da casa», «O lobo busca o seu almorzo», «O lobo e os coellos do raposo», «O raposo e o galo», «O lobo e os sete cabritiños», «O carneiro e o gato», por Xosé Miranda. «O raposo, o home e o burro», «O raposo come o queixo», «A raposa e as uvas», «Raio, cirola», «O convite», «Volva pola roupa», «A lei nova», «Como fan os raposos para desfacerse das pulgas», «Xa tiña que ir a Ourense, dixo a raposa», «O raposo mata a fame», por Antonio Reigosa. «A lebre e os cans», «Dáme de comer ou mátame axiña», «Tres caracois e unha empanada», «O sapo traballador», por Xoán Ramiro Cuba. A colección Cabalo buligán reúne nos seus 20 volumes 198 contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acobillan aos que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación.