Publicacións
Cabalo buligán, 9: Contos de animais, I
Editorial: Edicións Xerais de Galicia Ano de publicación: 2001. Lugar de publicación: Vigo ISBN: 84-8302-635-X Autores: MIRANDA RUÍZ, Xosé, REIGOSA CARREIRAS, Antonio, CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro . Ilustracións: Manolo UHÍA Descripción: 70 páx; Il. en color. Colección: Cabalo buligán, 9. Contos: «O lobo e o raposo, pastores», «O can e a carne», por Xosé Miranda. «A raposa come troitas», «A pesca co rabo», «Marica arteira vai cabaleira», «Tanta castaña», «O lobo gasta sombreiro», «O engano no reparto da colleita», «Os bautizos da raposa», «As zocas novas do gato», «Os dous baldes», «A vaca co lobo a rastro», «O raposo arrogante», «Revírate, meu rabo», por Antonio Reigosa. «A raposa e a aguia», «O can, o raposo e o queixo», «O raposo fai o morto», «O lobo fártase na adega», «O lobo e a raposa van ó mel», por Xoán Ramiro Cuba. A colección Cabalo buligán reúne nos seus 20 volumes 198 contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acobillan aos que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación.