Actualizado en data 18/05/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Seres galegos das augas

Seres galegos das augas. Mitoloxía comparada
Editorial: Toxosoutos
Ano de publicación: 2002.
Lugar de publicación: Noia
ISBN: 84-956222-49-1
Autor: Xoán Xosé TEIJEIRO REY
Descripción: 220 páx.
Colección: Serie Keltia 15
¿Sabíades que os bois das augas podían ficar encantados a xeito de illeiros no mar? ¿Que existen trasnos piratas na nosa terra? ¿Que as Aureanas ou Anas se atopan en todo o mundo cuns nomes moi parellos ós nosos? ¿Que hai uns cabalos, pantasmas, que conducen ás xentes cara o país dos mortos?
Esta temática forma parte dos dezaseis seres míticos acuáticos que se apresentan neste libro escollidos ó chou de entre os moitos existentes en Galicia. Os seres fican documentados con citas literarias de diversas fontes lendarias, contos e retallos da tradición oral. O apoio neles serve para afondar nos devanditos entes da auga cunha certa amenidade, mais sen descoidar o fío senlleiro da fin acometida.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: