Publicacións
CATEGORÍAS RELACIONADAS
nº 15 (2019): BLANCO PRADO, J. M. e MUÑIZ BESTEIRO, M. Cruceiros e cruces do concello de Becerreá (Lugo)
CRUCEIROS E CRUCES DO CONCELLO DE BECERREÁ (LUGO)
© JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO
© MANUEL MUÑIZ BESTEIRO
Publicado en Actas do IX Congreso de Cruceiros, Cruces e Esmoleiros de Galicia, Lugo, 2018
A modo de resumo cómpre mencionar como neste concello o patrimonio existente en cruceiros é moi pobre, xa que só encontramos tres cruceiros: o de San Pedro de Tortes, de carácter público, de finais do século XIX; e, que necesita unha urxente restauración; e os dous que hai no lugar de Horta (San Xoán de Agueira); privados; do último tercio do século XX; e ben conservados. Con respecto ás cruces, sinalamos varias cruces misionais, restos dalgún vía crucis, e dúas cruces ordinarias: unha de madeira e a outra de pedra. As cruces misionais, emprazadas no interior das igrexas - casos das freguesías de Agueira, Cruzul, Oselle, Quintá da Cancelada, e Vilachá - son artesanais e amosan unha relevante información sobre as misións, levadas a cabo nos seis primeiros lustros do século XX; están ben conservadas agás a do interior da freguesía de A Quintá da Cancelada – a máis antiga de todas- que necesita unha pronta restauración. En canto ás cruces misionais de índole externa, como a do San Pedro de Tortes, tamén necesita unha rápida restauración. Ademais hai cruces de carácter ordinario, que cumpren a súa función esencial: o de ser importantes elementos de cristianización, reflectida por unha banda no intre de “bicar a reliquia” – caso do relicario de Penamaior- , e por outra, no momento no que son circunvaladas pola procesión, que sae na festividade central do recinto sacro- casos da de Garalla, Fontaron, e Penamaior- . Finalmente, hai unha cruz – a de Vilamane- que ten un sentido funerario en canto que reflicte a lembranza a unha finada; e un víacrucis – o de Vilouta- que é a manifestación da doazón dun membro da comunidade.
BLANCO PRADO, J. M. e MUÑIZ BESTEIRO, M.:Cruceiros e cruces do concello de Becerreá (Lugo)