Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Santuarios da Terra Chá (José Manuel Blanco Prado)

OBXECTIVOS

Esta obra ten como obxectivo prioritario dar a coñecer desde unha óptica actual e obxectiva todos os santuarios da bisbarra chairega. Pretende ser unha guía, explicada e interpretada, deste fenómeno relixioso de carácter popular. Esta pretende servir de elemento condutor a todas aquelas persoas, que por diferentes circunstancias seguen acudindo a estes centros reitores de sacralidade na procura de acougo aos seus problemas. 

Edita: IESCHA (Instituto de Estudos Chairegos) 2018.

ISBN: 978-84-948171-1-3

Depósito legal: LU 155-2018

 

 

José Manuel Blanco Prado

É licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor numerario de Filosofía no I.E.S. Xoán Montes de Lugo.

Colabora con temas relacionados coa antropoloxía, etnografía e historia en distintos boletíns e revistas culturais: Anuario Brigantino, Boletín do Museo Provincial de Lugo, Caderno de Estudios Chairegos,  Croa, Diario "El Progreso" de Lugo y provincia, Estudios Mindonienses, Lucensia, Lucus, Pena do Encanto etc. Tamén participa na revista dixital Galicia Encantada; na revista Etnografia ( Mesón do Forno-Lugo) e no portal dixital  Galicia Dixital.com (Apartado. Galegos).

Realizou as seguintes obras: As Romaxes da Terra Cha, Lugo, 1982. Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, Lugo, 1991. Exvotos e rituais nos santuarios lucenses, Lugo, 1996.

Como coautor, figura nos seguintes libros: Begonte, pasado y presente, 1987. Cruces e cruceiros do Municipio de Begonte, 1988. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei.  1998. Cruceiros de Guitiriz. 1999. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. 2000. Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza. 2002. Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade. 2004. Esmoleiros, Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín, 2006. Cruceiros, Cristos e Cruces de Muras. 2009. Cruceiros de Vilalba, 2011. Tomou parte na obra de tres tomos referente a "Tempos de Festa en Galicia". Interviu co grupo “Carboeira” en todos os roteiros, que se realizaron sobre os cruceiros na Terra Chá.      

Así mesmo levou a cabo varias exposicións sobre o Entroido na provincia de Lugo no Museo provincial de Lugo; no concello de Riotorto (Lugo); no I.E.S. “Ricardo Basanta Silva” de Vilalba (Lugo); e no Mesón do Forno (Lugo).

 Ata o intre actual acadou as seguintes distincións: coautor do  IX Certamen Literario de la Tierrallana (1972). Premio de periodismo “Manuel Mato Vizoso” (Concello de Vilalba) no ano 1982 .Coautor do premio de periodismo “Manuel Mato Vizoso” (Concello de Vilalba) no ano 1984. Coautor do Premio “Cal da Loba” no ano 1999.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: