Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Lendo lendas, digo versos

Antonio García Teijeiro (Autor/a) / Antonio Reigosa (Autor/a) / Xosé Cobas (Ilustrador)

INFANTIL E XUVENIL>MILMANDA

Edicións Xerais de Galicia (+Info)

Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do … cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a arte os vista da palabra para podérense presentar decentes na escena do mundo» (G. A. Bécquer: Introdución a Rimas y Leyendas).

-Lendo lendas, digo versos (facebook)

-PREMIO MELLOR INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA na I GALA DO LIBRO GALEGO 2016.
O xurado valora o excepcional traballo de conciliación da literatura oral coa escrita, harmoniosamente acompañado polo labor de ilustración. 

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: