Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

CATEGORÍAS RELACIONADAS

El héroe que fue al infierno y escuchó que cantaban allí su epopeya. Cantos épicos del pueblo djerma de Níger

Traducción ao español, edición e estudo de Safiatou Amadou e José Manuel Pedrosa

Calambur Narrativa, 2014

ISBN 978-84-8359-349-3

__________________

Este libro non canta (porque as letras son  mudas e os lectores xordos), pero si conta, algunhas das fazañas de catro dos notables máis lembrados pola memoria oral do pobo djerma do sur de Níger: o tirano Da Monzón, que posuía un amuleto feito cunha cabeza de can que sementaba a morte por onde pasaba; os colosais e infaustos guerreiros Bákari Dia (quen perseguiu un exército de xenios ata as profundidades dun río e nunca regresou) e Gorba Dikko (morto durante días, erguido sobre un cabalo tamén morto, na inmensidade da sabana, posto que o inferno non foi quen de derrotalo); e Samba Soga, o músico que enfeitizaba aos moi poucos que tiñan a fortuna de escoitalo, e que roubou a súa esposa a un vello rei de pel de crocodilo. Quere transvasar este volume, á letra impresa e a unha lingua moi distinta da súa, a arte inmemorial dos jasarey, a casta de servos músicos que, mentres tocaban os seus mooley de tres cordas, cantaban as fazañas, as louvanzas e as xenealoxías dos seus señores. Legando ao mundo o tesouro dunha literatura oral e dun mundo tradicional que se apagan, posto que só segue cantando hoxe o derradeiro ancián jasare que garda a memoria destas asombrosas epopeas, grandiosas Ilíadas enxertadas dentro de coloreadas Odiseas.

Safiatou Amadou é doutora en Filoloxía Hispánica, profesora e tradutora de español en París.

José Manuel Pedrosa é profesor de Literatura Comparada da Universidade de Alcalá.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: