Publicacións
Caetano Arias López. O Gaiteiro de Santaballa
Título: Escolma da obra de Caetano Arias López “O Gaiteiro de Santaballa”
Editorial: Patronato Pro-Escuela Santaballesa Liga Santaballesa
Ano de publicación: 2013.
Lugar de publicación: Vilalba (Lugo)
ISBN: 978-84-616259-0-1
Autores: José Manuel BERMÚDEZ ARIAS e Mª Carme PERNAS BERMÚDEZ
___________
Este libro recolle a traxectoria vital de Caetano Arias López, nado en Santaballa, Vilalba (Lugo) en 1881, e falecido en Madrid en 1952. De formación autodidacta, labrego, zoqueiro, gaiteiro, poeta … desenvolveu unha actividade intensa entre 1910 e 1930 en festas da comarca chairega e mesmo da Mariña, fundou a cuarteto “Amigos da Terra”, e publicou numerosos poemas na prensa vilalbesa da época, caso de «Heraldo de Villalba» ou «El eco de Villalba» onde se publicaron poemas tan populares como A máquina de mallar e Encima de mel, filloas.
__________