Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

PARA CANTAR VEÑO EU!

Título: PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega e A.C. Os Chichisos
Impresión: branco e negro
Tamaño:23×16
274 páxinas
I.S.B.N. 978-84-615-4507-0

Empregando como fío condutor o labor que a asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos leva a cabo dende hai case dúas décadas, o autor ofrécenos nesta obra un compendio de apuntamentos etnográficos sinxelos e concisos en torno ó universo da música popular galega e das súas diferentes expresións e manifestacións. Un percorrido polos instrumentos tradicionais, os ritmos e os bailes, as festas do ciclo do ano e as tradicións musicais a elas asociadas, a ancestral linguaxe das campás, os cantos de berce e moitas outras dimensións do noso folclore que irán desfilando polas páxinas deste libro para achegarlle á xente nova e ó neófito do noso folclore o rico e variado tesouro da música tradicional galega. “Para cantar veño eu” complétase cunha amena unidade didáctica que inclúe os exercicios e as prácticas necesarias para que a xente máis nova practique, comprenda e asimile os diferentes contidos deste traballo.
O autor, Rafael Quintía é antropólogo, economista e membro fundador da SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega)

.



Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: