Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

O Gaiteiro Verde

Título: O Gaiteiro Verde
Autor: Xavier Blanco
ISBN: 978-84-615-4269-7

O Gaiteiro Verde nace dun estudo que analiza a relación dos nosos antigos e auténticos músicos de raíz co seu entorno natural e os seus recursos.
Non fai falla ir ata as orixes dos instrumentos para darnos conta de que os primeiros en ser empregados polos nosos gaiteiros estaban elaborados a partir de materiais que se atopan virxes na natureza. Aínda non hai tantos anos que coas follas, pallas, canas, sabugueiro, cabazas… se confeccionaban moitos instrumentos arcaicos que emitían sons puros e armoniosos que influían na enerxía vital das persoas.
[Da Introducción]

O Gaiteiro Verde é a máis sinxela semente da que brotarían grandes artistas e mestres gaiteros de Moaña, os alicerces sólidos á vez que delicados de onde parte todo o noso saber tradicional. Así se recolle nesta obra do autor que, con gran respecto e traballo, soubo escudriñar nos tempos para chegar á pureza, á forma básica de onde parate a gran tradición da gaita moañesa.
[Do Prólogo, por Diego M. Riobó Martínez]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: