Actualizado en data 18/05/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

María Baña Varela. Colleita poética

Edición e prólogo de Xosé Manuel Varela
Edita: Concello de Cabana de Bergantiños
Ano: 2004

En 1998 publicárase a obra poética da poetisa popular, María Baña Varela, volume tan ben aceptado polos seus veciños que os mil exemplares saídos da imprenta voaron en menos de dous meses para a maioría das casas cabanesas. En maio de 2004, saíron de novo estes versos riseiros e emotivos á vez, agora expurgados do aparello de notas a pé de paxina e da introdución lingüística. Preséntase agora esta Colleita poética máis fresca, máis lexible e cunha selección de fotografías da autora ou de persoas próximas a ela. Con esta Colleita poética ábrese unha ventá necesaria ó mundo da creatividade popular.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: