Publicacións
Recordos dun regueifeiro. Fermín Calvo López
Edición literaria, prólogo e fotografías de Xosé Manuel Varela
Edita: Concello de Cabana de Bergantiños
Ano: 2007
Fermín Calvo Gómez, “Fermín da Feira Nova”, naceu en Silvarredonda (Cabana de Bergantiños, A Coruña) no ano 1936. Destacado regueifeiro da comarca de Bergantiños é, na actualidade, un dos máis importantes representantes da vella arte de regueifar. Desde mozo coñeceu a grandes regueiferios bergantiñáns como Leonarda ou Cadete. Foi discípulo de Blanquiño de Muiñoseco (Coristanco) e compartiu durante moitos anos escenario con Calviño de Tallo.
Recordos dun regueifeiro é un libro de poemas de raíz popular que recolle toda unha sabedoría de vida a través da ollada dun dos últimos regueifeiros vivos.