Publicacións
Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral
Editorial: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Ano de publicación: 2010
Lugar de publicación: Vigo
ISBN: 978-84-8158-483-7
Autora: NOIA CAMPOS, Camiño
Descripción: 1013 páxinas.
O CATÁLOGO de contos galegos baséase no sistema de Aarne-Thompson, reelaborado en 2004 en The Catalogue of International Tale Types por Hans-Jörg Uther. Contén preto de setecentos tipos e subtipos, amaioría correspondentes ó ATU (Aarne-Thompson and Uther). Cada tipo (subtipo) leva un conto modelo, a maior parte vai acompañada de referencias bibliográficas dutras versións e das reelaboracións literarias coñecidas. Nalgúns casos, insírense refráns sobre o tema.