Pequena mitoloxía de Galicia
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de publicación: 2001.
Lugar de publicación: Vigo
ISBN: 84-8302-705-4
Autores: MIRANDA RUÍZ, Xosé, REIGOSA CARREIRAS, Antonio, CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro .
Ilustracións: Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa.
Descripción: 112 p. : il. col. ; 26x24 cm.
Encuadernación: cartoné.
Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga, entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro… Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras. Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grande atención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigas receitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós. Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seu formato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nosos mellores ilustradores. Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmo proxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños, tardos e outros seres da mitoloxía galega. Velaí os seus contidos:
Habitantes imaxinarios, Notas sobres as palabras fada e moura, Notas sobre nomes e sobrenomes, A mourindade, Mundo subterráneo, Os castros e as vigas, Encanto, Os mouros, As mouras, A Dama do castro, Aureanas, Raíña Lupa, Galiña con pitos, Os tesouros, Música do inframundo, Atoparse cos mouros , Cova da Coruxa, Atoparse coas mouras, Brancaflor , As tres doncelas transparentes, Pico Sagro, Monte Pindo, As pedras, As cidades asolagadas, A Veiga do Real, Lucerna de Valverde, Reirís, Cristo e San Pedro polo mundo, Ananos, Xente cativa, Rabeno, Olláparo, Os xigantes, Xoanciño, o oso, A muller-cerva, Lobishome, Lobo da xente, A peeeira dos lobos, Neno-lagarto, Príncipe carneiro, A princesiña troita, A princesa ra, As lumias, As xacias, A Maruxaina, A serea das illas Mirandas, Home peixe, As lavandeiras, A meiga dos dentes verdes, Chupasangues, Cocón, Home do saco, Sacaúntos, Mariamanta, Papón, A Tía Xuana, Os Bisosbardos, A muller-carneiro, A morte, Paxaro da morte, As luciñas, Ánimas e pantasmas, A Estadea, A Sociedade do óso, A Compaña, Os Ruíns, Pozo do Meimón, Bergantín pantasma, A Zarrulada , Urco , A peregrina, Os camiños, Illas do Alén, Ero de Armenteira, Bruxas e meigas, A Noite de San Xoán, Saudador , Proteccións contra o mal, Trasnos, Trasnadas, Años e carneiros, Diaño bulreiro, Cabalos, Sumicio, Tardo, Os Meniñeiros, Pedro Chosco, A orixe dos demos, Demos, Demiños, Demachiños, Pontes do demo, Escola diabólica, Os nubeiros, Os curas esconxuradores, Libro de ler e desler, Flora feérica, Animais fantásticos ,