Publicacións
Corpus Christi en Redondela. Figuras, vestidos e historia.
Autor: José MARTÍNEZ CRESPO
Ilustracións. Sabela ARIAS CASTRO
Editorial: Ir Indo
Ano de publicación: 2008.
Lugar de publicación: Vigo.
________________
A festa do Corpus Christi de Redondela, popularmente denominada Festa da Coca en alusión ao seu dragón procesional, é hoxe a máis orixinal de cantas se celebran en Galicia. As manifestacións relixiosas e profanas desta celebración, cuxa memoria no tempo chega ata o século XVI, merecen, tanto pola súa antigüidade como pola peculiaridade, a consideración de patrimonio cultural de Galicia...
O libro de José Martínez propón un recorrido pola Historia do Corpus de Redondela a través das súas figuras máis características e o seu vestiario: A Coca, as Penlas, a Danza de Espadas, o Choqueiro e o Centulo, os Xigantóns..., e outras xa desaparecidas, que conforman unhas tradicións case únicas perdidas hai moito tempo no resto de Galicia.