Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Murguía. Revista galega de historia

Nº12/xaneiro-abril 2007
Monográfico: Mitos e imaxinario colectivo na Galiza
Dirección: Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
Coordianción: Alexandra Cabana Outeiro
Debuxos: Antonio Seijas.
Editan: Asociación Galega de Historiadores/as (AGN), Colectivo Murguía, Pontenotempo.
ISSN: 1696-9197

[Editorial]
Mitos e imaxinario colectivo na Galiza
Unha das temáticas nas que se vén afondando por parte de diversos investigadores desde hai século e medio, e desde distintos campos, é na denominada "alma" dos pobos. A este respecto, o omanticismo tivo grande relevo, nomeadamente no que atinxe á introdución deste campo de investigación no marco académico; nesa función da investigación histórica, que explicitaba Leopold von Ranke, na que non sería tanto o centro de atención e esforzo "...reunir e acoplar feitos como ... comprendelos e explicalos...".
Para que se dera realmente esa comprensión e explicación do pasado habería que ir ás "raíces", mesmo míticas, dos agrupamentos humanos, achegarse, en definitiva, a todo aquilo que tería conformado o "imaxinario colectivo" dun pobo.
Aínda que no presente volume de Murguía non esteamos a incluír investigacións que fagan referencia directa á historia, asentada necesariamente a súa investigación e análise no cruzamento crítico e rigoroso de diversas fontes, o que si é certo é que tanxencialmente a través das producións que agora editamos tratamos sobre o pasado do noso país (e, por veces, en ligazón a outras realidades humanas, ao compartirmos contos, lendas, referentes míticos... entre a Galiza e outros pobos, por exemplo, de África), en canto que o obxecto dos textos que presentamos fica creado en tempos pretéritos;
textos que recollen sentimentos, crenzas, fórmulas vitais, arquitecturas organizativas no plano social e/ou familiar, etcétera, a través das cales sabermos dunha Galiza pasada, dos seus soños, simpatías, antipatías, referentes, medos... transmitidos xeracionalmente ao longo, nalgúns casos, de séculos.

Achegármonos a esta realidade desde un academicismo pretendidamente aséptico e insensíbel non tería maior interese. Neste senso, sabendo da importancia que ten
que o mundo académico entronque coa realidade social na que opera (póndose ao seu servizo, a partir das súas necesidades, carencias...), Murguía tira do prelo este monográfico que partiu dun encontro celebrado en Pontevedra no 2006, en ligazón coa Feira Franca da cidade, baixo a organización do devandito concello e a Asociación Galega de Historiadores.Para que se dera realmente esa comprensión e explicación do pasado habería que ir ás "raíces", mesmo míticas, dos agrupamentos humanos, achegarse, en definitiva, a todo aquilo que tería conformado o "imaxinario colectivo" dun pobo.

Aínda que no presente volume de Murguía non esteamos a incluír investigacións que fagan referencia directa á historia, asentada necesariamente a súa investigación e análise no cruzamento crítico e rigoroso de diversas fontes, o que si é certo é que tanxencialmente a través das producións que agora editamos tratamos sobre o pasado do noso país (e, por veces, en ligazón a outras realidades humanas, ao compartirmos contos, lendas, referentes míticos... entre a Galiza e outros pobos, por exemplo, de África), en canto que o obxecto dos textos que presentamos fica creado en tempos pretéritos; textos que recollen sentimentos, crenzas, fórmulas vitais, arquitecturas organizativas no plano social e/ou familiar, etcétera, a través das cales sabermos dunha Galiza pasada, dos seus soños, simpatías, antipatías, referentes, medos... transmitidos xeracionalmente ao longo, nalgúns casos, de séculos.

Na sección Fontes reproducimos unha tradución ao galego do Leabhar Ghabhála Érenn, ou Libro das invasións irlandesas, aquel conxunto de manuscritos que, en gaélico, daban conta da construción nacional irlandesa como sumatorio das distintas "invasións celtas" que houbera na illa até o século XI, no que fican datados estes documentos.

No Leabhar Ghabhala narráb


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: