Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Ao carón do lume

Título: Ao carón do lume
Editorial: Fundación Ortegalia.
Ano de publicación: 2007.
Lugar de publicación: Ortigueira (A Coruña).
Dep. Legal: C 3623-2007
ISBN 13: 978-84-691- 1543- 5
Autora: Ana TRASANCOS YÁÑEZ.
Descripción: 193 páx.

[Da introducción, por Ana Trasancos Yáñez, Coordinadora da Fundación Ortegalia]
O patrimonio etnográfico galego está constituido por un conxunto variado de elementos, tanto materiais ou tanxibles (edificios, estruturas, obxectos, etc.) como inmateriais ou intanxibles (tradicións, lendas, cantigas, topónimos, etc.).
...
O primeiro achegamento á tradición oral consistiu nun baleirado bibliográfico dos textos referidos ao patrimonio inmaterial, relativos ao folclore e á cultura popular da comarca do Ortegal. Debido á práctica inexistencia de publicacións referidas a este tema xurdiu a necesidade de comezar unha investigación para emendar esta lagoa da nosa memoria histórica. Así, establecéronse colaboracións co CEIP José María Lage conseguindo implicar á gran maioría dos alumnos do centro no noso proxecto e emprendendo un traballo de campo paralelo.
Este labor levouse a cabo grazas á colaboración de moitas persoas, tanto o persoal da entidade, como xente maior, mozos e nenos que se prestaron a recoller as raíces da zona.
Ortegalia quere expresar o seu especial agradecemento a Modesto Cheda Fernández e ao alumnado do CEIP José María Lage, sen quen gran parte desta investigación estaría incompleta. Tamén temos que dar as grazas a colaboradores que desinteresadamente prestaron as súas lembranzas e fotografías para o traballo como Manuel Bermúdez López, Narciso Luaces Pardo, Luís Alonso Santiago, María del Carmen Gómez Martínez, Rafael López Loureiro, Manuel Hermida Carrodeaguas, Loli Rubido, Celina Barcón Castro e María Dolores Yáñez.
O material acadado abarca dende as lendas, cantigas, costumes, ditos e oficios tradicionais ata os recordos gráficos e audiovisuais que marcan o carácter da terra galega.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Gustaríame ter una copia de esta publicación!!! Ana, simplemente darte un abrazo muy fuerte. Me alegra ver noticias, aunque sea un poco tardío, tan positivas sobre ti. Te lo mereces. Todo empezó con un libro en una playa...SIEMPRE

Enviado por orense o 18/05/2009 ás 12:01:15


Considero que todo o que se publique sobre a nosa tradición e folclore sempre é algo positivo para todos/as os/as orteganas, non obstante paréceme realmente inxusto que esta publicación a asine como autora unha tal Ana Trasancos cando todos sabemos demais que ese libro poido ser publicado grazas á colaboración dos nenos/as do CEIP José María Lage e as súas familias ós que só se lles agradece a súa colaboración. Dende logo hai moito afán de protagonismo...

Enviado por ortegano o 17/04/2008 ás 10:15:19


É unha mágoa que a xente non lea os libros porque eu lín esta obra enteira e a maioría dos que falan nela son xente maior que vai contando as historias.
Ao mellor lendo a introducción se pensa que xa se leu un libro enteiro....

Enviado por un ortigueirés o 13/05/2008 ás 10:48:38


Eu son unha das nais que axudou ao seu fillo para escribir unha das cancions que aparecen no libro e se non fose por traballos como o que fixo a Fundación e Ana Trasancos esa información non estaría recollida.

Enviado por Cuiña o 13/05/2008 ás 10:55:34


É unha mágoa que se esgotara a edición. Moi interesante.

Enviado por María o 04/06/2008 ás 12:29:47


Enviar comentario a este artigo: