Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Sabía que son agoiro ou aviso de morte...

► Cando a facha(luz ou vela) sae da pía da auga bendita e cae nunha finca, morre o dono da casa á que pertence a finca ou algún familiar.

► Cando as campás laian ou choran, morre xente.

► Cando ouvea un can vai morrer alguén.

► Se a galiña canta coma o galo anuncia que vai morrer alguén da casa.

► Se o moucho ou a coruxa cantan ó pé dunha casa anuncian que vai morrer alguén na casa.

► Se te morde un alacrán, busca viño e busca pan que mañá te enterrarán.

► Se te morde unha donicela, busca viño e busca vela que mañá che darán terra.

► Se te esperta un paxaro a petar no vidro da ventá vai morrer alguén preto. E se entras nun sitio e cheira a flores ou cera, e non hai velas nin flores por ningures algun enfermo vai morrer.[Enviado por María J. Sanjiao, de Ducío, Arcos de Furcos, Cuntis]

► Na parroquia de Arcos de Furcos, en Cuntis, cando morre un cura nado na parroquia, doce veciños van detrás antes de que faga o ano.[Enviado por María J. Sanjiao, de Ducío, Arcos de Furcos, Cuntis]


BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Se te esperta un paxaro a petar no vidro da ventá vai morrer alguén preto.
E se entras nun sitio cheira a flores ou cera ardendo e non hai velas nin flores por ningures algun enfermo vai morrer.

Enviado por Maria J. Sanjiao o 26/06/2008 ás 10:29:04


Na parroquia de Arcos de Furcos en Cuntis cando morre un cura nado na parroquia, doce veciños van detrás antes de que faga o ano.

Enviado por María J. Sanjiao Villanueva o 26/06/2008 ás 10:30:28


Enviar comentario a este artigo: