Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Morrer de amor en Fontecuberta

A Casa-Torre de Fontecurberta localízase en Moreira, Santa María de Fontecuberta, Palas de Rei (Lugo). Aquí viviu hai moitos anos un rico e poderoso cabaleiro que tiña dúas fillas moi belas e xentís.
Nunha das moitas peregrinacións que se fan aínda hoxe a Compostela viña un aposto cabaleiro francés. Nun asalto, do que foron obxecto os romeiros polos bandoleiros que constantemente os atracaban, quedou malferido o cabaleiro francés, sendo recollido polo dono da fortaleza. As fillas do dono atendérono solicitamente ata que se restableceu de todo e puido continuar a peregrinación a Compostela.
De regreso, o francés pasou de novo pola fortaleza de Fontecuberta e, vese que namoraran, casou coa irmá máis nova das fillas do dono e logo continuaron a viaxe á terra do francés.
A outra irmá, namorada tamén do cabaleiro francés, viunos partir e desde aquela todas as tardes ollaba o horizonte por ver se o francés voltaba, esgotando así, día tras día, toda esperanza ata que morreu ao caer a tarde sobre as ameas da torre con anceio e sede de amor.
[Debuxo de Anahí Ouro Blanco]

[Fonte oral: Filomena Taboada, Xosé Antón Penín, Estrella Blanco, de Palas de Rei (Lugo) e Mª Carme García Viña de Vilane, Antas de Ulla (Lugo). Recompilación e recreación de Anahí Ouro Blanco, alumna de 2º de E.S.O. do I.E.S. de Palas de Rei (Lugo), curso 2005-2006, para o traballo escolar “Recuperación da literatura oral do concello de Palas de Rei”, coordinado polo profesor Toño Núñez]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: