Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A encanta da Fonte das Corradas

Na Fonte das Corradas do Campo do Couso, en Sadrarín, San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín (Lugo) aparecéuselle unha encanta a unha muller.
A encanta, que se estaba peiteando cun peite de ouro, preguntoulle á muller:
—Cal che gusta máis? A peina ou eu?
E como a muller lle contestou que a peina, vaise a encanta e arreboloulla a peina, e matouna.
Se lle contestara que lle gustaba máis ela, a encanta desencantábase, faríase cristiá e a muller sería feliz e moi rica para os días da súa vida.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: