Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O home que chamou polo trono

En Santiago de Albá, concello de Palas de Rei (Lugo) pasou unha desgraza no ano vinteún do século XX. Era polos Milagres e presentouse unha treboada, e dicíanlle:
—Baixa, Manolo, baixa!
Un home dicíalle así ao trono. Tanto llo dixo que o trono baixou e rompeu o campanario da igrexa de Albá.
A aquel home pedíronlle cartos para pagar os danos que causara o trono, mil cincocentas pesestas, pero o home non as quixo pagar.
Mais cando lle morreu a muller quixo que lle tocaran as campás da igrexa. Non lle deixaron; ata que pagara as mil cincoentas pesetas non llas deixaban tocar.


[Información dunha muller, 15 anos, Albá, Palas de Rei (Lugo), 8 de novembro de 1992]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: