Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Bautismo prenatal na cruz da ponte de Xanceda

Moi preto da ponte sobre o río Xanceda, en Ourol, hai unha cruz situada á man dereita do río a carón dun antigo paso. Alí, segundo a información recompilada por Mario Saavedra realizábase no primeiro terzo do século XX un tipo de bautismo chamado prenatal que consiste no seguinte. Cando as mulleres non lograban ter descendencia por causa de abortos ou outros problemas, a pesar de quedaren embarazadas, realizaban estes rituais que consistían en reproducir o rito do bautismo sobre o ventre da nai. Neste caso, facíase os martes, despois das doce da noite.

A muller embarazada ía acompañaba de amigos e familiares que levaban comida para despois do acto. Todos xuntos facían garda nun lado da ponte, impedindo que a cruzase un animal, agardando pola primeira persoa que pasase, que sería escollida como padriño ou madriña da criatura. En caso de non aparecer ningunha persoa, volvían outro día.

Despois de realizar o bautizo, comían o que levaban e a comida sobrante, xunto cos utensilios que usaran, tirábana ao río.

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: