Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Unha misa na noite

No Vilar das Ameixeiras, parroquia de San Vicente de Aro, en Negreira (A Coruña) un labrego voltaba á noite cara a súa casa, logo de pasar varias horas moendo millo no muíño do lugar. Ao cruzar por diante da igrexa, viu que a porta estaba entreaberta e que dentro había lus. Como tamén sentiu como unha letanía, entrou. Ollou entón a un crego dando misa e a varios fregueses atendendo, todos de costas a el. Era ben estraño un oficio a tales horas, pero o home decidiu quitar a boina e sentar no último escano. De súpeto, todos os presentes deron volta cara a el, e o paisano ficou aterrado ao comprobar que diante súa non había senón esqueletes, o crego incluido. Á mañá seguinte, os veciños atopárono esbroado no adro da igrexa, medio ido e esbardallando. Non se sabe se recuperou ben o tino, pero si que puido contarlle a historia a un seu amigo. [Texto remitido por Serxio González Souto, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: