Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 097: A roubanenos

Se queren saber de prodixios e noticias fantasiosas lean os xornais; os de antes e os de agora. Imos ao verán de 1839 cando algúns periódicos difundiron o rumor de que unha feiticeira andaba secuestrando pícaros.

Cando os tocaba coa man quedaban mudos. A continuación, usando artes máxicas, arrebolábaos polo aire ata unha botica onde a bruxa, coa axuda do farmacéutico, extraía das entrañas das criaturas líquidos, vísceras, graxas e órganos para realizar macabras operacións. Dicía o xornal El Correo Nacional que xa desapareceran moitos cativos en Santiago, Betanzos a arredores.

Presentouse no mercado da cidade da Coruña unha vella decentemente vestida que, despois de rematar as compras, acordou cunha rapariga que mediante recompensa levase a cesta até a casa.

Alguén berrou: Esa vella é a bruxa que rouba nenos!

A portadora tirou coa cesta e fuxiu espantada. A vella, vendo que se organizaba o seu linchamento, resgardouse nun portal e a policía para evitalo tivo que acalmar os ánimos da turba exaltada polos rumores impresos.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 15 de xaneiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: