O xogo do dedaliño
Antigamente nos velorios facíanse xogos, mesmo macabros, como este.
Cada un mozos xogadores poñía unha prenda (podía ser calquera: un pantalón, un pano...) e íanse amontoando no colo dunha moza. No medio das prendas metíase un dedal e despois íanse pasando as prendas de man en man , mentres se cantaba:
—El florón pasó por aquí, yo no lo vi; el florón está en mis manos, en mis manos está el florón. Si lo hallan a quien lo tenga toda la noche estará de plantón, florón, florón.
Cando acababa a canción quen tivese na súa prenda o dedal recibía un castigo elixido pola moza encargada de poñelos.
Conta o informante que a el tocoulle sacarlle os zapatos ao morto e andar con eles postos ata que outro perdeu.
BIBLIOGRAFÍA