Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O xogo da zapatilla

Antigamente nos velorios nas casas facíanse xogos como este.

Fan roda varios mozos e mozas que sentan coas cachas no chan e as pernas dobradas, deixando arco por debaixo. No medio da roda ponse un dos mozos ‘castigado’.

Os demais van pasando a zapatilla por debaixo das pernas, de maneira  que o que está no medio non saiba onde está e non poida collela.

Pero ás veces o do medio, pillabán, disimulaba como que non sabía por onde andaba a zapatilla ata que cadraba entre as pernas dunha muller. Entón, si, botábase a ela, á zapatilla, e aproveitaba para ver o que tiña a moza entre as pernas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: