Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O marco cambiado de sitio

Seica regresaba un mozo a media noite despois de andar trouleando no fiadeiro e atopou unha vela acendida enriba dunha pedra. Colleuna e foise alumando con ela polo camiño adiante. Xa na casa cando xa se estaba deitando, a vela, que ardía polo cabuxo xa consumida, comezou a tremelucir e díxolle:

—Son unha ánima do Purgatorio que estou penando e veño pedirche un favor. Mañá cedo vas a onde atopaches a vela, colles a pedra na que estaba e lévala por caridade á extrema da finca do Viñal. Sabe que aquela pedra era un marco e eu peno no Purgatorio por telo cambiado de sitio.

Así o conta Luís Moure Mariño (1915-1999) en La Voz de Galicia (6.12.1972), quen transcribe unha historia contada pola súa avoa na casa familiar de Tarrío, Chantada, cando el era neno.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: